Skip to main content
Actualidade

As Pontes acolle a terceira regata de piragüismo da Liga da Coruña

Por 1 Agosto, 2019Sin comentarios

O sábado 3 de agosto, entre as 10 e as 14 horas, o Grupo Xuvenil-Matojoma en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e co patrocinio do Concello de As Pontes, organiza a 3ª regata da Liga da Deputación da Coruña de Piragüismo de 2019.

Nesta competición participan os padexeiros más novos dos clubs da provincia, das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete en embarcacións individuais e dobres e tanto en kayak como en canoa. En total hai inscritos 318 nenos e nenas dos clubs Cabanas KD;. Ribeiras do Tambre, Taxamar, Naútico de Miño, Firrete, Narón, Rianxo, Rías Baixas-Boiro, Betanzos, Matojoma e As Xubias.

As probas darán comezo ás 10.00 horas co seguinte horario:

•K-1 e K-2 Benxamín e PreBenxamín (Home e Muller): 10:00 h .
•K-1 e K-2 Muller Alevín A e B: 10:25 h.
•K-1 e K-2 Home Alevín A e B: 10:50 h.
•K-1, C1, K-2 e C-2 Infantil Mulleres A e B: 11:15 h.
•K-1, C1, K-2 e C-2 Infantil Homes A e B: 11:45 h.
•K-1, C1, K-2 e C-2 Cadete (Home e Muller) : 12:15 h.

A entrega de trofeos será ás 13:00h.