Skip to main content
Actualidade

Castro de Rei organiza un curso de manipulador de alimentos para o 7 de setembro

Por 20 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei ven de organizar un curso de manipulador de alimentos para o 7 de setembro, para as persoas que desexen obter a certificación oficial.

Este curso terá lugar no salón de actos do mercado gandeiro de Castro Ribeiras de Lea a partir das 10 da mañá.

O curso estará impartido por profesionais autorizados e rexistrado pola Xunta de Galicia.

Os interesados deberán anotarse de luns a venres no teléfono 982 818 935.