Skip to main content
ActualidadeTrabada

Trabada logra manter a aula de Infantil do colexio ao chegar ao Concello dúas novas familias

Por 1 Agosto, 2019Sin comentarios
O goberno socialista de Trabada xunto coa dirección do colexio público decidiron cal será a segunda familia que ocupará unha das dúas vivendas ofertadas polo Concello para que parellas con nenos se instalen no municipio e ao escolarizar aos seus fillos eviten o peche da aula de Infantil da escola, un obxectivo que xa está cumplido.
Tras unha xuntanza á que asistiron Julia María Barcia, concelleira de Educación, Igualdade e Desenvolvemento local, ademais de Marta Castelao, directora CEIP Plurilingüe Celso Currás e Ana González, traballadora social do Concello de Trabada, así como a alcaldesa, Mayra García, decidíuse quen sería a familia aceptada que procede de Guadalajara. Os pais teñen dous xemelgos de catro anos e unha nena de once. Xa están matriculados, polo tanto, acadouse o obxectivo de manter a aula de Infantil.
Con esta familia acádanse os seis alumnos que facían falla para que a Xunta habilite a aula suprimida porque non había nenos suficientes.
Con respecto da outra familia que tamén cumpre os requisitos e que se ten quedado fóra, a rexedora local lembrou que o Concello ten a súa disposición outras cinco vivendas, aínda que neste caso aínda están sen equipar.
Sobre a primeira familia seleccionada, que ocupará unha das dúas casas dispoñibles, García precisou que se trata dunha parella de Senegal, que residía hai tempo na Coruña e que se mudará a Trabada cos seus tres fillos.