Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A biblioteca de Viveiro conta cun sistema de xestión que unifica os carnés de socios

Por 7 Agosto, 2019Sin comentarios

Dende o 24 de xullo a Biblioteca Municipal de Viveiro conta con un novo sistema de xestión, KOHA, que será común en toda a Rede de Bibliotecas Galegas. A instalación do novo sistema permite a creación dun catálogo único e a unificación de carnés de socios que serán validos en toda a Rede, modernizando a xestión e permitindo ós usuarios facer reservas e renovacións vía online.

O 19 de maio de 2017 asinárase un convenio de colaboración para a integración de 70 bibliotecas e axencias de lectura municipais ao catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, un acordo asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

A actuación enmarcábase na Axenda Dixital de Galicia 2020, que ten definida unh liña específica de actuación para facilitar a accesibilidade dixital ao patrimonio cultural galego, así como no Plan de Softwares Libres 2017. Contou cunha inversión de 1,1 millóns de euros no período 2016-2018, cofinanciados con fondos FEDER, para o desenvolvemento e implantación do sistema, a dotación de equipas tecnolóxicas e a ampliación dos servicios aos usuarios.