Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As festas do Conde Santo de Lourenzá serán a finais de agosto

Por 17 Agosto, 2019Sin comentarios

O último venres de agosto, o día 30, celébranse en Lourenzá as festas patronais do Concello adicadas ao Conde Osorio Gutiérrez, máis coñecido como Conde Santo, que foi o fundador do Mosterio de San Salvador. Das festas destacan especialmente dúas tradicións, unha delas é o pasarrúas que todos os días realizan os xigantes e cabezudos, tamén chamados cocos. 

A outra tradición desta festa consiste na visita ao sepulcro do Conde Santo o domingo despois da misa. Conta a lenda que introducindo un dedo no burato situado na parte baixa do sepulcro, o que consiga tocar os osos do Conde Santo verá cumpridos os seus desexos.

Este ano o Conde Santo comeza a medianoite, o 30, con Top Líder, a lenda do rock. Ao día seguinte, sábado, actuarán Fénix e Los Alcántara, ademais dunha discoteca móbil e o domingo 1 de setembro será o turno das orquestras Israel e La Bomba. As festas rematan o 2 de setembro co Trío Mayel a partir das 14.00 horas.

A igrexa de Santa María, en Vilanova de Lourenzá, posee dous capelas, a da Nosa Señora da Valbanera e a da Nosa Señora de Valdeflores e nesta última atópase o sarcófago do Conde Santo, que é un sepulcro de estilo paleocristinao.

O templo forma parte das dependencias do mosteiro de San Salvador, é un referente do barroco galego e foi declarado monumento histórico-artístico en 1974, se ben as primeiras referencias sobre a súa existencia datan do ano 947.

FESTA CAMPESIÑA. O Concello laurentino informou respecto de que a festa campesiña probablemente se celebre xusto a fin de semana anterior á do Conde Santo. Unha asociación de encaixe de bolillos estáse encargando este ano de organizar a festividade que se vai desenvolver no antigo mercado gandeiro, na feira vella. Coincidirá, segundo calculan aínda que non é definitivo, coa Festa da Gracia, que conta cunha capela na localidade. Para a festa campesiña recoméndase ir vestido de labrego e serve para lembrar os usos e costumes de non hai tanto tempo nas aldeas galegas.