Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Banda de Ribadeo tocou dez pasodobres no concerto en Cabanela

Por 19 Agosto, 2019Sin comentarios

A Banda Municipal de Música de Ribadeo tocou dez pasodobres bailables, seis deles por primeira vez, no concerto churrascada celebrado na tarde noite do sábado, na área recreativa ao aire libre de Cabanela, no paseo marítimo ribadense.

A Banda de Ribadeo interpretou ‘De Granada a Daimiel’, ‘Carrascosa’, ‘En er mundo’, ‘Tres veces guapa’, ‘Marcial’, ‘El gato montés’, ‘Paquito chocolatero’, ‘No te vayas de Navarra’, ‘Campanera’ e ‘Martiñika’. A entrada ao escenario desde o paseo marítimo fixérona tocando a peza ‘Banda Galega’.

O churrasco foi feito na propia área recreativa de Cabanela por membros da asociación Amigos da Semana Santa de Ribadeo. E despois de cear seguiu a festa con música para bailar.