Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A feira de gando de Isidoro de Monte celébrase este sábado por San Bartolo

Por 23 Agosto, 2019Sin comentarios

Este mesmo sábado, 24 de agosto, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional Feira de San Bartolo, en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.

A organización deste inmemorial evento corre a cargo da  Comunidade de Veciños Costa de Laxamoura, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. 

O Programa da Feira é o seguinte:

-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.

-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.

-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.

-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.

No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios:

1-Concurso de Maior número de reses vacunas na Feira:

   1º premio: 90 €uros

   2º premio: 70 €uros.

   3º premio: 50 €uros.

   4º premio: 40 €uros.

   5º premio: 30 €uros.

   6º premio: 20 €uros.

  1. b) Concurso  de Maior número de reses cabalares na Feira:  

   1º premio: 90 €uros

   2º premio: 70 €uros.

   3º premio: 50 €uros.

   4º premio: 40 €uros.

   5º premio: 30 €uros.

   6º premio: 20 €uros.

Tódolos participantes no concurso gandeiro deberán traer carta de saneamento no caso de gando vacún e microchip e libro, no caso de gando cabalar.

Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira vai haber varios chiringuitos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.). Xa pola tarde, haberá concurso de marcha a partires das 17:30 horas, cos seguintes premios en cada unha das dúas modalidades, Cruzados e Trotós:

   1º premio: 90 €uros

   2º premio: 70 €uros.

   3º premio: 50 €uros.

   4º premio: 30 €uros.

Para poder participar no concurso de marcha, os cabalos deberán estar asegurados con seguro de responsabilidade civil e autorizados para disputar este tipo de probas. Para máis información sobre a feira, pódese chamar ao seguinte teléfono, 686 586 243.