Skip to main content
ActualidadeCospeito

Gran participación na gravación dun programa de radio en Muimenta

Por 3 Agosto, 2019Sin comentarios
A Casa da Cultura de Muimenta acolleu a gravación do programa da Radio Galega Convivir Deportivo con Alfonso Pardo, e que se emitará, en principio, ao longo do mes de setembro na Radio Pública Galega.
En dita grabación, ademais da Directivda do Xotramu e algún dos seus colaboradores, participaron activamente Paco Veiga, da Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional, as pandereteiras da ANPA de Muimenta e Germán Díaz, músico especialista da Zamfona e gañador dun Premio Mestre Mateo na edición pasada.