Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Romaría Labrega da Chaira celebrará unha nova edición

Por 9 Agosto, 2019Sin comentarios

A Romaría Labrega da Chaira celebrará unha nova edición nos Vilares de Guitiriz o 10 e o 11 de agosto con merendas na carballeira do Cancelo.

O sábado abre a xornada a ruta cabalar ás 10:30, e contará cun menú de empanada, costela asada con patacas, sobremesa, café e chupito, e todo isto por un prezo de 20 euros.

Máis tarde será a inauguración da III Mostra de artesanía e a Carreira Popular para a que será preciso inscribirse antes do 8 de agosto.

O pregón, que será ás 14:00 horas, correrá a cargo de Baldomero Iglesias “Mero”, e despos haberá unha sesión vermú cos Varacuncas de Rodeiro.

Pola tarde haberá xogos populares infantís e xincanas e carreiras de cabalos, ademais do sorteo dunha xovenca de Rubia Gallega.

Para a cea poderánse degustar liscos e chourizos, e tamén haberá actuacións de Tantos nos tén e Cuarta Xusta.

O domingo 11 comezará cunha marcha en bicicletas coa colaboración dos BTTeiros Cova da Serpe. Acto seguidos será a sega con gadaña e o concurso de aciñado.

A música na sesión vermú correrá a cargo do grupo Xirandola e será a presentación dos Trapeiros dos Vilares.

Ás 15:00 será o xantar na carballeira de Cancelo, e despois os xogos populares tradicionais e a música con Xirandola. Ás 18:00 haberá unha exhibición de adestramento canino, e será o momento do Gran Prix coa carreira en cortacéspede. Máis tarde chegará a festa da escuma.

De novo para a cea poderánse degustar liscos e chourizos, e haberá un sorteo dun cofre fin de semana.