Skip to main content
A PastorizaActualidade

Abre na cafetería da Casa da Cultura da Pastoriza o proxecto Fogar de Maeloc

Por 28 Agosto, 2019Sin comentarios

A cafetería da Casa da Cultura da Pastoriza abrirá este xoves, 29 de agosto, ao público cun ilusionante proxecto cultural. Ás 20.0 horas terá a súa inauguración oficial na que se explicará a idea coa que nace este o Hábitat Cultural Fogar de Maeloc, nome co que se coñece.

Trátase dun espazo aberto para a dinamización cultural entre toda a comunidade co que se pretende poñer en valor o rural, e o patrimonio cultural e natural. Aúna cafetería e ocio, cunha programación de actividades culturais auspiciadas polos catro elementos básicos, lume, aire, auga e terra.

Así, está previsto o lanzamento da alimentación ecolóxica con xornadas gastronómicas e degustacións, ademáis de música, charlas, conferencias, debates, clus de lectura, obradoiros saudables e a promoción dos valores de desenvolvemento sostible entre os que se atopan a igualdade de xénero, fame cero, educación de calidade ou consumo responsable.

Segundo explicaron os responsables do proxecto, o obxectivo e manter unha íntima relación de cooperación coas asociacións veciñais, comunidade educativa, concello, monitores de tempo libre, técnicos e grupos culturais para que atopen neste lugar un centro de traballo e de reunión.

O proxecto conta cunha achega do Igape Rural Emprende y participar no espacio de emprendemento coworking de Mondoñedo.

Malia que abrirá as súas portas este xoves, as actividades darán comezo no mes de outubro, actividades que se irán avanzando a través das redes sociais.