Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba pecha a rúa Roxeira ao tráfico polo estado de ruína dun edificio

Por 2 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba tomou a decisión cortar a rúa da Roxeira, en pleno centro histórico da localidade, como consecuencia do “mal estado dunha edificación”, porque segundo aseguran “presenta grave risco de desprendementos e poden ocasionar danos a persoas e vehículos”.

Segundo informou o goberno local, o tráfico quedará cortado a partir do día 5 de agosto pero xa se procedeu á sinalización do edificio sobre o que advirte o Goberno e que presenta un estado ruinoso. O obxectivo e que estes días o condutores e viandantes teñan coidado.

Esta medida tómase con carácter provisional e debido a que o inmoble foi declarado en ruína. Ademais, están obrigados a cambiar o sentido da circulación. Así, en Alférez López o tráfico circulará da praza do Coronel Pena (Praza dos Ovos), hacia a rúa Conde Pallares. A vía funciona actualmente como un acceso ao Parador de Turismo pero, cos cambios, o acceso realizarase pola praza de Suso Gayoso e pola rúa Valeriano Valdesuso. A salida será pola praza do Coronel Pena e pola rúa Alférez López, o que permitirá aos vehículos chegar a Conde Pallares.

O Concello asegura que se acometerán as actuacións necesarias para asegurar a edificación se os propietarios non se fan cargo e que lles repercutirán os gastos no caso contrario. Ademais, anunciaron que non será a única actuación neste senso que acometerán.