Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade celebra as súas grandes festas o segundo fin de semana de agosto

Por 7 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Xermade celebra os días 9, 10 e 11 de agosto as súas festas na honra da Nosa Señora. As celebracións iniciaranse o venres 9 coa actuación do Dúo Venus a partir das 22:30 horas.

O sábado 10 a xornada festiva iniciarase ás 13:00 horas con misa solemne e procesión seguida da tradicional sesión vermú, que estará a cargo da orquestra D’Noche. Esta mesma orquestra e Panama serán as encargadas de animar a noite en sesión verbena.

O domingo 11, o día grande, a Banda de Música Municipal de Foz, ofrecerá un concerto entre as 12:00 e as 13:00 horas, antes da tradicional misa e procesión. Despois, a orquestra Suavecito ocuparase da sesión vermú e tamén da verbena.