Skip to main content
ActualidadeXermade

A biblioteca de Xermade modifica a súa xestión para integrase no Rede galega

Por 6 Agosto, 2019Sin comentarios

A biblioteca de Xermade comezou a funcionar dende hoxe cun novo sistema de xestión que sustitúe ao vello Programa Meiga polo novo programa Koha, un software libre de código aberto; que permite entrar en todos os fondos de Xermade e integrarse no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Unha das partes máis importantes da integración vai ser a elaboración a todos os usuarios da biblioteca de novos carnés de tarxetas plásticas que van poder usarse en todas as bibliotecas da rede coa conseguinte unificación dos servizos bibliotecarios: os usuarios terán un carné único que dá acceso a todos os servizos de todas as bibliotecas públicas integradas.

Outra das novidades que plantexa o novo sistema é a posibilidade de acceder a un espazo persoal online para consultar históricos de préstamo, realizar reservas, renovacións e outras funcionalidades. Tamén cambiará a política de préstamos aumentando así o prazo de duración de cada préstamo que será de 21 días, ampliarase o número máximo de préstamos dende os tres exemplares actuais a cinco, e penalizaranse os retrasos nas devolucións, algo que non pasaba co sistema anterior.

Os usuarios poderán consultar e acceder nunha única páxina web a todos os recursos mencionados, ademais de á colección integrada de libros electrónicos de GaliciaLe.

Dende a biblioteca pedimos desculpas polos problemas e trastornos que poidan xurdir derivadas do proceso de adaptación ao novo sistema.