Skip to main content
Actualidade

Comeza o World Padel Tour Challenger en Outeiro de Rei

Por 9 Setembro, 2019Sin comentarios

O World Padel Tour Outeiro de Rei Challenger chegará á localidade lucense do 9 ao 15 de setembro do presente ano, para seguir cun torneo que tivo un gran éxito a pasada edición. Federación Galega de Pádel, organizadora e impulsora deste evento, conta cun 343% máis de licenzas que hai dez anos, chegando ata as 6.562, cunha elevada presenza feminina, que representa un 39% do total.

A Xunta de Galicia patrocina o Outeiro de Rei Challenger cunha achega de 10.000 euros. No evento participarán unhas cen parellas masculinas situadas no ránking mundial desde a oitava parella en adiante e haberá, aproximadamente, uns 40 xogadores galegos, o 20% do total.

Esta pobra está incluída dentro do coñecido como o ‘mellor circuíto de pádel do mundo’ e se celegra en Galicia por quinta vez (xa se organizaron eventos World Padel Tour en Vigo, A Coruña e Lugo). Esta prevista a asistencia de máis de 20.000 persoas durante toda a semana de competición. Ademais do patrocino deste grande evento, a Xunta destina neste 2019 un 9% máis ao convenio coa Federación Galega de Pádel chegando aos 37.461 euros.