Skip to main content
Actualidade

As Pontes movilizarase mañá contra o peche da central

Por 30 Setembro, 2019Sin comentarios

Despois da comunicación por parte de Endesa do peche das súas centrais, entre elas a das Pontes, os veciños da vila decidiron loitar para que a comarca de Ferrolterra non acabe convertida nun deserto industrial.

Así, mañá martes farase unha movilización que xa estaba prevista antes do anuncio de peche por parte de Endesa o venres, na que transportistas e veciños sairán en caravana cara á Coruña.

Esta caravana de vehículos sairá ás 16.00 da estación de autobuses e chegará a Matogrande, A Coruña, para despois regresar ás Pontes.

As protestas continuarán previsiblemente cunha folga xeral que está convocada para o o día 16 de outubro e que estará acompañada por unha caravana de vehículos cara Madrid, que precisamente acollerá este mércores unha reunión de representantes dos traballadores co Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Hoxe haberá en Ferrol unha reunión dos alcaldes das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal, A Mariña e Terra Chá, á que tamén asistirá o alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, para analizar a situación na que se atopa a comarca.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, quixo “animar á xente” a “secundar” esta movilización na que participarán non só transportistas de carbón, senón tamén persoas particulares.

O comité de crise reunido este domingo mantén a convocatoria de folga si o mércores o Goberno non da “saídas” ante a decisión de Endesa.