Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os pescadores da Pontenova propoñen adicar a Luís Moirón o concurso de salmón da vindeira Festa da Troita

Por 4 Setembro, 2019Sin comentarios

Por acordo da directiva do Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova, o vindeiro ano o certame do salmón da Festa da Troita levará o nome de ‘VIII Concurso de Salmón Memorial Luís Moirón’, en lembranza do compañeiro finado.

Cabe lembrar que 130 pescadores, oito deles campións e excampións do mundo, participaron na 41ª Festa da Troita do Concello de A Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional. 

Aparte, o presidente do Cit, Francisco Javier Rois, ‘Taracho’, foi campión da festa da troita de Ribeira de Piquín e ao día seguinte colleu á cucharilla un salmón de 4,6 kilos no lote 1 de Salmeán, na Pontenova.

Ademais, un pescador habitual do Eo expuxo no perfil de Facebook do Cit que lembraba o dito que dicía Río Eo, riqueza, beleza e paz. Pero advierte de que, unha vez rematada a tempada do salmón, e tendo en conta, di, o que parece desinterese por parte da Administración, recompilou unha información e un balance dos últimos 24 anos de pesca do salmónido, que o levou a afirmar que o cauce pontenovés conserva a beleza e a paz, pero que perdeu parte da súa riqueza, cando a pesca é un motor para a zona.

As capturas, segundo os datos que expuxo o pescador, baixaron de 135 en 2001 e 236 en 2005, a 29 este ano. Desde 2013, cando houbo 136 capturas, as cifras baixaron do centenar.

O problema segundo pescadores coma el é que non se cortas as árbores e non se limpa o río, entre outros, e agradece que boa parte dos aficionados se adican á pesca sen morte, dado que van a menos os peixes.