Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Pontenova solicitou fondos para facer máis eficiente o alumeado do Concello

Por 7 Setembro, 2019Sin comentarios

O concello da Pontenova solicitou a concesión dunha subvención para a realización do proxecto ‘Aforro e eficiencia enerxética de alumeado público exterior no Concello da Pontenova’ ao abeiro do  Real Decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezcan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (B.O.E. nº 144, de 17 de xuño de 2017).

Este proxecto ‘Aforro e eficiencia enerxética de alumeado público exterior no Concello da Pontenova’, foi subvencionado con 112.282,40 euros por Resolución do Director Xeral do IDAE.