Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove deseña co colexio unhas axendas orientadas a loitar contra a violencia de xénero e a promover o voluntariado

Por 10 Setembro, 2019Sin comentarios

Xove xa ten deseñadas as súas axendas estudiantil, de xeito que en outubro comezarán coa Festa do Samaín, pero polo tocante ás axendas en si, durante o curso escolar pasado, as nenas e os nenos de quinto de Primaria do CEIP Pluriligüe Pedro Caselles Rollán, deseñaron unha axenda escolar 20192020 contra a violencia de nero

Queda fixado o mes de novembro para desenvolver nel o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, que se conmemorarán con diversas actividades para nenos e maiores.

Esta axenda forma parte dun proxecto organizado polo Concello de Xove e subven cionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e financiado co Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade. A axenda será entregada de forma gratuíta a cada nena e neno de primaria do CEIP Pluriligüe Pedro Caselles Rollán, ao comezo do novo curso escolar pola profesora ou profesor correspondente

O mes de decembro será aquel no que se celebre o día do voluntariado.

Haberá unha homenaxe ás mozas e aos mozos que participaron durante o verán nos proxectos de Xuventude.