Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Remata mañá a inscrición para o encontro de palilleiras de Xove

Por 19 Setembro, 2019Sin comentarios

O X Encontro de Palilleiras de Xove vaise desenvolver o sábado 5 de outubro, durante todo o día, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove. 

As palilleiras que queiran inscribirse neste Encontro o poden facer dende o 19 de agosto ata o venres 20 de setembro nos seguintes teléfonos de contacto: o do Concello de Xove: 982 592 001,  Mercedes Barro (profesores de bolillos): 679 894 219 e Carmen García (profesoras de bordado): 982 592 686.

En canto aos vendedores que queiran participar no Encontro cos seus produtos, teñen tamén o mesmo prazo  prazo para inscribirse, do19 de agosto ao 20 de setembro. Neste caso, a súa inscrición a terán que facer por correo electrónico dirixindo as súas solicitudes ao email: encontropalilleiras@xove.es.