Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Aberto o prazo para matricularse na Escola de Música de Guitiriz

Por 9 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abriu o prazo de matrícula para o curso 2019-2020 na Escola de Música municipal. Os interesados ou interesadas poderán anotarse ata o vindeiro venres 20 de setembro.

A Escola de Música de Guitiriz ofrece aos seus alumnos e alumnas formación en diferentes especialidades como vento madeira, clarinete, saxofón e frauta traveseira; vento metal como trompeta, trombón, bombardino e tuba; e de percusión como gaita, acordeón, piano e guitarra.

A Escola ofrece formación para todas as idades desde os 3 anos. A matrícula para os nenos e nenas de Iniciación musical é totalmente gratuíta e aquelas persoas que desexen anotarse deberán entregar no  Concello un formulario que poderán atopar na propia casa do concello ou na web municipal.