Skip to main content
A PastorizaActualidade

Bretoña celebra un xantar veciñal

Por 6 Setembro, 2019Sin comentarios

A comisión das festas de Bretoña celebrará o día 8 de setembro un xantar e festa veciñal, na que están convidados todos os veciños.

A festa dará comezo coa misa ás 13:00 horas coa procesión cantanda polo Grupo de Música Tradicional da Pastoriza, e despois será a sesión vermú a cargo do trio Maracuyá.

Ao mediodía terá lugar o xantar veciñal, que estará servido polo restaurante Sarredo. O menú constará de empanada, paella, carrilleiras con patacas, postre, bebida, café e chupito, todo elo por 20 euros por persoa. Para os nenos de 3 a 11 anos o prezo do menú será de 12 euros.

Ademais contarán tamén ca Pulpería Suso donde se poderá mercar polbo e churrasco.

Poderán participar no xantar os que desexen levar a comida da casa.

Trala comida haberá xogos tradicionais e música para amenizar a festa con Verónica Cambón. E xa pola noite poderase desfrutar da verbena co trio Maracuyá, e dun chocolate con biscoito.

Os interesados en participar no xantar deberán comprar o ticket ou reservar a mesa antes do 2 de setembro nos teléfonos 630 214 104 (Fátima) ou 630 287 512 (Eva).