Skip to main content
ActualidadeVilalba

A subdelegada de Goberno recibe ao loitador vilalbés José Cuba

Por 28 Setembro, 2019Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu  no seu despacho ao policía nacional destinado en Lugo José Cuba, que forma parte da selección española de loitas olímpicas e vén de competir nos Campionatos do mundo celebrados en Nur Sultan, en Kazajistán. Na visita á subdelegada, Cuba estivo acompañado polo comisario xefe do Corpo Nacional de Policía na provincia de Lugo, José María Esteban.

A subdelegada felicitou a José Cuba pola súa meritoria traxectoria deportiva, grazas a cal ten sido seleccionado para participar na fase preolímpica na que se clasificarán os deportistas que representarán a España nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020. Aínda que en Kazajistán non acadou a clasificación, poderá logralo en dúas competicións preolímpicas programadas para marzo e xuño do ano que vén.

Rodríguez tamén lle desexou os maiores éxitos na súa próxima participación, a partir do 11 de outubro, nos primeiros Xogos Mundiais de Praia, que se van disputar en Qatar.

José Cuba ingresou no Corpo Nacional de Policía en 2014, é o loitador español con máis títulos de campión de España sénior ou absoluto na modalidade de loita olímpica. Ten sido 15 veces campión de España absoluto e 1 junior. Además leva participado en máis de 70 competicións internacionais co Equipo Nacional.