Skip to main content
ActualidadeVilalba

Nete, en Vilalba, estará de festa esta fin de semana

Por 27 Setembro, 2019Sin comentarios

A parroquia de Nete en Vilalba celebra esta fin de semana as súas patronais na honra a San Cosme, San Benito e á Virxe da O.

As celebracións darán comezo mañá coa misa solemnes ás 13.30 horas, seguida da procesión e a sesión vermú co grupo Fusión que tamén amenizará a verbena da noite xunto coa orquestra Los Satélites.

O domingo tamén haberá misa solemne, procesión e sesión vermú pero a cargo do grupo Fénix.

Xa pola tarde, de 17 a 19 horas os máis pequenos poderán desfrutar das colchonetas gratis e inchables.

A comisión de festas recorda que haberá campo cuberto cunha gran carpa.