Skip to main content
Actualidade

O GDR-4 organiza unha xornada sobre a violencia de xenero no medio rural

Por 18 Outubro, 2019Sin comentarios

O GDR-4 propón unha xornada sobre a violencia de xenero no medio rural e como actuar para o 6 de novembro en Lugo.

Esta xornada será no Colexio de Avogados na rúa Pascual Veiga ás 18.00 horas, e cada charla terá unha duración de 45 minutos.

O programa de actividades comezará ás 18 horas coa inauguración a cargo do alcalde de Friol Jose Ángel Santos, para dar paso despois a charla de Incidencias das situacións de violencia de xénero no ámbito rural, que durará ata ás 18.45 horas.

Despois serán as charla A violencia de xénero desde a administración de xustiza, Vítimas de violencia de xénero no medio rural, particularidades, e xa por último A violencia de xénero no rural e os seus protocolos de actuación.

A inscrición é gratuíta e pódese facer chamando ao 982 238 000 ou 679 732 163, tamén no correo info@comarcadelugo.gal.