Skip to main content
Actualidade

O 24 terá lugar unha charla para conmemorar nas Pontes o Día da Muller Rural

Por 16 Outubro, 2019Outubro 17th, 2019Sin comentarios

O Concello das Pontes, con motivo do Día Mundial da Muller Rural que se celebrou o martes 15 de outubro, acollerá o xoves, 24 de outubro, ás 19:30 horas, na Casa Dopeso, unha charla coloquio para conmerorar esta data.

Baixo o título Muller Rural e Igualdade tres mulleres trataran de visibilizar a importancia do traballo da muller no ámbito rural e económico na comarca do Eume así como a súa aportación social e cultural.

As convidadas, Lourdes Otero do obradoiro téxtil Fusaiola, Antía García de Hípica Prado Ventura e Cynthia Arias, de Aleira, da man de Regina Polín, ex-alcaldesa de Guitiriz, compartiran diferentes visións e experiencias entorno ao emprendemento feminino no rural, o asociacionismo, a violencia de xénero ou a igualdade de dereitos.

Esta iniciativa organizada por Seitura 22, coa colaboración do Concello das Pontes, busca en palabras da responsable da área, Tania Pardo “abrir un espazo de debate e reflexión no que mulleres, de diferentes idades e sectores laborais, compartan a súas vivencias e sirvan de estímulo para outras mulleres, ofrecendo exemplos reais que permitan ver a todo o conxunto da sociedade, os problemas aos que se enfrontan as mulleres no ámbito rural e promover, ao mesmo tempo, cambios sociais”

Ao remate das exposicións das convidadas abrirase un tempo para as preguntas entre elas e co público asistente co obxectivo de compartir opinións e expoñer inquedanzas abordando aspectos como a corresponsabilidade, a conciliación familiar ou o papel da muller no espazo de tomas de decisión.

Trátase dunha actividade de balde, para a que non é preciso inscribirse e á que Tania Pardo convida a asistir a toda a veciñanza para coñecer diferentes proxectos empresarias levados a cabo por mulleres que “están contribuíndo a rachar coas barreiras existentes e a fomentar a igualdade no mundo rural”.