Skip to main content
Actualidade

A obra de teatro 'Camiños' chega ás Pontes

Por 29 Outubro, 2019Sin comentarios

O sábado, 2 de novembro, a compañía Butaca Zero, visita o auditorio municipal Cine Alovi das Pontes para presentar a obra Camiños, de Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira.
A obra será ás 20.00 horas e está dirixida a un público xuvenil ou adulto.
As entradas poden collerse anticipadamente na web www.tickentradas.com ou no 902 750 754 (a partir 22 de outubro, ás 10.00 horas. De non esgotarse, na taquilla do auditorio o sábado 2 de novembro ás 19.00 horas.
Carolina viaxa cara aos Estados Unidos, e Daiana, a bisneta dunha emigrante galega, ven da Arxentina. As dúas comparten asento no aeroporto e entre elas, milleiros e milleiros de camiños.
Camiños que unen as aldeas coas ciudades, os poemas de Rosalía coa música electrónica, o spinning co churrasco, e as fotos viradas sepias coas que acabamos de colgar no Facebook.