Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove destaca a posta en valor da praia e do Portiño de Morás

Por 7 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Xove destaca a mellora dos accesos e a posta en valor da contorna da praia e do Portiño de Morás. Estas importantes obras comezaron cando dende o Concello conseguiu mercar as estruturas da baleeira a Alcoa pola cantidade simbólica de 1 euro. Estas estruturas que foron usadas durante anos por Alcoa como almacén, na actualidade estaban sen uso; dende o Concello pensouse en por en valor este entorno, dado que as estruturas da baleeira non tiñan un valor patrimonial específico.

Unha vez a baleira en mans do Concello, acometeuse a demolición de toda a estrutura existente, deixando únicamente, polo seu valor testimonial e patrimonial a rampa por onde se subían os cetáceos. A demolición foi asumida por Costas, que nesta primeira fase aportou uns 400.000 €uros para realizar a demolición. Con isto completouse a primeira fase do proxecto.

Pero o proxecto era máis ambicioso, xa que ademáis da baleeira, incluía o entorno da Praia e do Portiño de Morás nunha segunda fase; esta fase, abordada tamén por Costas, incluía: o acondicionamento do terreo da baleira coa realización duns sendeiros e instalación de paneis informativos, a peatonalización do frente e do entorno  das casetas dos pescadores, incluída a creación da Praza dos Dolos e a mellora do frente da Praia coa dotación dun novo firme e unha aceira peatonal de madeira, que une a antiga baleeira coa Praza dos Dolos.

Estas actuacións supuxéronlle a Costas un investimento duns 400.000 euros, co cal a aportación de Costas a este proxecto andivo sobre os 800.000 euros.

Pola súa banda, o Concello invistiu ao redor de 100.000 euros neste proxecto de mellora, concretamente na mellora do acceso ao Portiño con  aglomerado, cun vial de 8 metros de ancho. Na dotación da iluminación pública e nos retoques finais.

En conclusión, con estas actuacións prodúxose un cambio radical na Praia e no Portiño de Morás, con accesos mellores e máis coidados, posta en valor de novos espazos públicos e unha mellora de dotacións. Sen dúbida, os moitos visitantes e usuarios do Portiño e da Praia de Morás saberán desfrutar destes renovados espazos.