Skip to main content
ActualidadeCospeito

Muimenta acollerá un curso de marroquinería dende o día 6 de novembro

Por 30 Outubro, 2019Sin comentarios

A Asociación Aquilino Iglesias Alvariño de Muimenta celeberá a partir do 6 de novembro un curso de marroquinería que se desenvolverá todo os mércoes de 21.00 a 22.30 horas na aula situada sobre o centro médico.

O curso prolongarase ata o 18 de decembro e o obxectivo e mostrar como se fan carteiras, moedeiros, bolsos. O interesados en apuntarse poden facelo en Mercería Teresa ou poñéndose en contacto con calquera membro da asociación antes do día 2 de novembro.