Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

A xogadora do PM Friol entra na primeira convocatoria da Selección Española

Por 4 Novembro, 2019Sin comentarios

A xogadora do PM Friol Lucía Pardo acaba de ser convocada por Montse Tomé para participar na primeira concentración da recentemente creada Selección Española Absoluta Promesas Feminina.

A xogadora galega é, ademais, a única das citadas que compite na segunda categoría do fútbol feminino nacional, a denominada liga Reto Iberdrola. Ademais de Lucía, outras dúas xogadoras do RC Deportivo Abanca, María Isabel Rodríguez Rivero e Noelia Villegas Rico, forman parte da citación.

As xogadoras seleccionadas por Montse Tomé traballarán na Ciudad del Fútbol de Las Rozas entre o 5 e o 7 de novembro de 2019.

A Real Federación Española de Fútbol anunciou nas últimas horas a creación desta Selección Promesas, unha selección feminina que se situará entre a sub 19 e a Selección Absoluta e que pasará a ser dirixida por Montse Tomé, que compatibilizará esta función coa de axudante técnica da absoluta feminina. A Selección Promesas dará cabida ás xogadoras que acaban a súa etapa nas categorías inferiores e teñen potencial para chegar á Selección Absoluta e tamén para as xogadoras que por nivel poderían estar na primeira selección pero por cota non chegan a entrar entre as convocadas en cada concentración.

O funcionamento será como o dun primeiro equipo e un filial, tendo sesións de adestramento simultáneas, podendo disputar partidos de adestramento entre ambas as seleccións.