Skip to main content
Actualidade

Castro Ribeiras de Lea celebra unha nova edición de Castronomía de Outono

Por 7 Novembro, 2019Sin comentarios

Castro Ribeiras de Lea celebra este ano unha nova edición da Castronomía de Outono, unha cita gastronómica organziada pola hostalaría da vila, na que participan oito establecementos desta localidade castrexa entre o venres 8 e o domingo 10.

Cada un dos locais participantes servirá, a un prezo único de 1,5 euros, unha proposta culinaria que terá como base do cociñado unha serie de produtos producidos ou transformados nas empresas da zona que se suman a esta iniciativa. Así, os locais participantes serán a pastelería Améndoa, café bar Chus, Fénix, L&M; Marivá, Bar Paco e os restaurantes Río Lea e Suso. Utilizarán produtos de Leitigal, Surexport, Grupo Sada, Quescrem, Frilea e Mar de Lorbé.

As tapas serviranse o venres e o sábado, dende as oito da tarde ata a medianoite, mentres que o domingo poderanse degustar de 12.00 a 15.00 horas. Ademais, todos aqueles que completen a ruta e saboreen as oito propostas poderán entrar no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas no hotel spa Attica 21 Vilalba, que inclúe a cea, o aloxamento, o almorzo e un circuíto termal.

Xandra, do bar Paco, e Pablo, do pub Sagitario, son os organizadores desta nova edición da Castronomía de Outono, que conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei. Eles serán tamén os responsables de organizar, na primavera, o concurso de tapas de Castro.