Skip to main content
Actualidade

Os populares de Castro piden a mellora da Edar

Por 11 Novembro, 2019Sin comentarios

Os populares piden ao ministerio de Medio Ambiente que, a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dea o primeiro paso para axilizar a licitación das obras de mellora da Edar do polígono de Castro de Rei. Así o manifestan logo do encontro mantido este mércores por parte dos candidatos ao Senado e ao Congreso cos alcaldes deste municipio, Francisco Balado, e de Outeiro de Rei, José Pardo.

Esta actuación supón un investimento total de 1,8 millóns de euros e a entidade local xa dispón de 243.000 euros, que lle concede a Xunta de Galicia, de aí que urxan ao departamento estatal asinar un convenio de colaboración para avanzar no proceso de execución.

A mellora da Edar é unha actuación que a entidade local vén demandando dende 2012, e que é necesaria debido ao gran número de empresas que existen no polígono e, en consecuencia, ao elevado volume de residuos que xeran.

Por este motivo, dende o PP consideran que o departamento estatal debe actuar con dilixencia, “copiando o modelo Feijóo”, quen vén de incluír nos Orzamentos de 2020 para este Concello máis de 16 millóns de euros, dos que 15,4 son para o desenvolvemento do polo aeroespacial de Rozas e 550.000 euros, precisamente, para a mellora do abastecemento.

Cos gobernos do PP “a esta provincia vaille ben”
Os populares manifestaron así que “cando gobernamos a esta provincia vaille ben”, mentras que se goberna o Partido Socialista “o que temos son retrasos e atrancos e destrución de emprego como está a pasar con Endesa; un problema que na Terra Chá afecta directamente”. Por iso, e neste caso concreto, “para que a Edar se axilice, a solución pasa porque o Partido Popular dirixa o Goberno Central”, concluíron.