Skip to main content
Actualidade

As Pontes volverá manifestarse o día 14 polo conflicto de Endesa

Por 7 Novembro, 2019Novembro 10th, 2019Sin comentarios

As Pontes volverá acoller unha nova mobilización na vila en defensa dunha transición xusta e para reclamar medidas de adaptación tralo anuncio do fin da actividade de Endesa. Esta medida acordouse no comité de crise, que anunciou que haberá unha concentración o día 14 ás 20.00 horas. Será unha marcha baixo o lema Endesa nos apaga la luz-As Pontes exige de Endesa una respuesta. A concentración, á que están invitados todos os veciños, partirá ás 20.00 horas da praza do Carmen.

Ademais, instan á cidadanía a realizar durante unha hora, de 20.00 a 21.00 horas, un apagón xeral no municipio e acudir á concentración con velas.

O comité de crise está formado por membros da administración local, sindicatos, transportistas, comité de empresa de Endesa e empresarios, que buscan principalmente que se tomen medidas transitorias para garantir un futuro industrial nesta comarca.

Mentres tantos, continúan as concentracións por parte das empresas auxiliares que realizan tarefas de mantemento na central térmica, que durante unha hora para en defensa dos seus postos de traballo ante a central térmica. De feito, acordaron secundar todos os mércores concentracións na rotonda de acceso á fábrica, que leva sete meses case sen actividade.

Por outra banda, os traballadores auxiliares da central garantiron tamén. a súa presenza na manifestación comarcal convocada polos sindicados para o próximo 28 de novembro en Ferrol, que ten por lema alertar á poboación da díficil situación industrial que atravesa a comarca, así como das decisións políticas necesarias para reactivar a situación.