Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Os veciños de Órrea organiza unha charla sobre compostaxe

Por 15 Novembro, 2019Sin comentarios

O día 30 de novembro, a Asociación de Veciños de Santa Comba de Órrea organiza unha charla e mesa participativa de compostaxe.

Esta xornada dará comezo ás 11 horas no local social da asociación e estará impartida por Ángel Lorenzo Silva, biólogo e educador ambiental.

O curso está aberto a todo o público en xeral e con preferencia aos veciños da parroquia ou aquelas persoas que teñan vínculos con Órrea ou con Concello de Riotorto.

Os interesados en participar poderán contactar con calquer membro da asociación.