Skip to main content
Actualidade

Cohempo, nas Pontes, organiza unha segunda edición do curso de cociña

Por 11 Novembro, 2019Sin comentarios

Cohempo, a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes, organiza a segunda edición do curso de cociña para os días 18, 19, 25 e 26 de novembro en horarios de 16 a 20 horas.

Neste curso realizarán elaboracións como tortellini frito, iogur picante e salsa agridoce de mandarina, crumblé de mazá, froitos vermellos e escuma de améndoa, torta Sacher, pan de pita de roat beef de solombo, espinaca salteada e romenescu, e taco de criollo con pico de galo e piña.

Hoxe remata a data de inscrición no curso de cociña e quedan poucas prazas dispoñibles para o curso, e o prezo é de 50 euros socios e 200 non socios.

Para máis información e inscricións chamando ao 694 446 724 ou escribindo ao correo electrónico cohempo@cohempo.es.