Skip to main content
Actualidade

Nenos das Pontes celebran un pleno infantil

Por 25 Novembro, 2019Sin comentarios

O concello das Pontes, con motivo do Día Universal do Neno, celebrou dous plenos infantís, onde o alumnado de segundo de primaria dos centros educativos A Magdalena, A Fraga e Santa María foron os principais protagonistas.

Baixo a presenza de tres alcaldes e unha alcaldesa, preto dunha vintena de concelleiros e concelleiras expuxeron, ante os membros do goberno municipal, presentes no salón de plenos, as súas inquedanzas e suxestións para facer de das Pontes un pobo mellor, onde a infancia sexan unha prioridade.

As propostas realizadas polo alumnado abrangueron áreas tan diversas como o medio ambiente, a industria, o urbanismo ou a cultura. Entre as propostas máis curiosas destacaron a adquisición dun submarino para ver o fondo do lago ou decorar a cheminea da central térmica con luces de Nadal.

Todos os equipos infantís de goberno destacaron a importancia de mellorar as rúas, tanto no centro urbano como no rural, aumentar o número de luminarias e poñer en marcha máis programas actividades ao aire libre para os menores da vila.

Finalizadas as sesións plenarias, o alumando trasladouse ata o rexistro municipal para presentar, de forma oficial e por escrito, todas as súas peticións e suxestións.

Desde o Concello das Pontes valoran moi positivamente estas visitas que permiten achegar ao alumando da vila aos órganos de toma de decisións, facendo que nenos e nenas das Pontes teñan voz propia, fomentando a participación cidadá.