Skip to main content
Actualidade

Xiana Teixeiro presentou 'Tódalas Mulleres Que Coñezo' no IES Terra Chá de Castro de Rei

Por 13 Novembro, 2019Sin comentarios

A cineasta lucense, Xiana Teixeiro, presentou o documental Tódalas Mulleres Que Coñezo no IES Terra Chá de Castro de Rei ademais de facer un un intenso e proveitoso obradoiro.
Este documental non deixou indiferente a ninguén, así, promoveu a crítica, a exploración emocional, o paralelismo de vivencias persoais asociadas a violencias machistas así como os efectos que eses medos supoñen no noso comportamento, a reflexión sobre os medos socialmente impostos ás mulleres e unha larga lista de cuestións que unha vez plantexadas precisan dunha resposta responsable, construtiva e real.
Grazas á estreita colaboración entre o IES Terra Chá e o Concello de Castro de Rei, as actuacións en materia de prevención da violencia machista e de promoción da igualdade collen forma a través de intervencións de diversos perfís profesionais.