Skip to main content
Actualidade

As Pontes participa no proxecto 'Feminismo en Nicaragua hoxe'

Por 20 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello das Pontes súmase ao proxecto Feminismo en Nicaragua hoxe, a defensa dos dereitos humanos promovido por Solidariedade Internacional de Galicia e financiada pola Deputación da Coruña, para dar a coñecer e visibilizar a actual situación das mulleres nicaragüenses defensoras dos dereitos humanos.
O proxecto, dirixido á población en xeral, inclúe tres propostas lúdico didácticas que arrincarán, na Casa Dopeso, o sábado, 23 de novembro, ás 12:00 horas, co concerto do coro de música negra, integrado exclusivamente por mulleres, Sister in the house.
A continuación inaugurarase a mostra fotográfica documental Resistencia nicaragüense con rostro de muller na que se recompila instantáneas sobre as mobilizacions feministas en Nicaragua feitas por fotoxornalistas entre os que destacan Jorge Mejía, Nayira Valenzuela, Lucero, Carlos Herrera e Bismark.
Posteriormente haberá un taller de máscaras onde os participantes poderán recrear as máscaras de Monimbó de Nicaragua, empregadas pola xuventude dese pobo para cubir o rostro durante a insurección contra a ditadura somocista, máscaras que hoxe voltan a estar de plena actualidade.