Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Segue aberto a inscrición para os cursos da piscina de Xove

Por 11 Novembro, 2019Novembro 14th, 2019Sin comentarios

Un dos principais recursos para a poboación, non só do municipio, senón tamén dos arredores de Xove, é a súa piscina municipal á que acoden deceas de persoas. Aínda é posible durante este inverno apuntarse aos seus cursos de natación.

Hai un curso dirixido a distintos niveis de idade dos nenos e outros para adultos.

No nivel de adultos os cursos van dos de iniciación aos de perfeccionamento, se ben se pode ir aos do mantemento e mesmo aos que combinan a natación co aquagym.

O prazo de inscrición abriuse recentemente e poden quedar prazas libres polo que convén chamar ao Concello. Cada curso ten unha duración de dous meses. Háinos para os máis pequenos, o nivel branco de iniciación, o seguinte nivel é o amarelo, e o nivel verde e o azul, que son os de perfeccionamento. Tamén se ofrece formación de natación deportiva, que correspondería ao vermello, iniciación e mantemento de adultos, así como natación con aquagym.

Os prezos dos cursos de dous meses van dende os 20 euros para os máis cativos que estean aboados a piscina, e 40 para os non aboados. 25 euros é o prezo para o resto dos nenos e os adultos que xa estén acreditados, e de 50 para o resto. O curso de aquagymn é de 30 euros.