Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O grupo Ardora fará a última obra de Buxiganga en Xove

Por 29 Novembro, 2019Sin comentarios

Segunda e última actuación do Programa Buxiganga en Xove coa actuación do grupo Ardora do Concello de Cervo;  este grupo afeccionado vai por en escea a obra O Silencio do Badal, mañá sábado, 30 de  novembro a partires das 19.00 horas  no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Obra con entrada libre e gratuita.

A obra trata sobre a violencia de xénero e os dereitos que moitos homes cren ter sobre as mulleres, o que os leva nalgúns casos a dispoñer da súa vida.

Pero, na ansia de extinguir esa lacra, sempre asoma un fio de luz que superpón a razón humana sobre a barbarie