Skip to main content
ActualidadeBegonte

Remata o ciclo de teatro de Begonte cun contacontos no colexio Virxe do Corpiño

Por 20 Novembro, 2019Sin comentarios

A Asociación Castiñeiro Milenario de Begonte pechará o seu ciclo de teatro nun dos colexios de Begonte, nesta ocasión o teatro vai chegar ao Colexio Virxe do Corpiño onde estará unha  das mellores contadoras de contos e lerias do país: Vero Rilo.

Contos e lerias son historias que non nos deixan esquecer aos máis maiores, eses avós e avoas sempre presentes, contos para pacientes, para impacientes, para o demo, para tremer de medo, para o mal tempo boa cara e para amarse e durmir quentiños. Un espectáculo de contos cos que medrar e aprender a pasar pola vida.

Esta obra terá lugar este mércores 20 de novembro, ás 12-15 hora.