Un grupo de 20 persoas participaron no roteiro reivindicativo da Vía Rexia organizado pola asociación de veciños de Santa Comba da Órrea.
Aínda que foi un día de intensa choiva, a sesión tivo un percorrido animado entre o lugar das Fontelas, última aldea da parroquia pontenovesa de xudán, ata o Mesíus Vello, na pastoricense de Álvare e tras percorrer a parroquia de Órrea atravesando os lugares de Regocroto, O Val e a Barreira.
A actividade contou coa celebración dun xantar nun restaurante da localidade. Os camiñantes aproveitaron para deseñar unha serie de actividades destinadas a divulgar e potenciar esta ruta, entre as que destacan a organización no local parroquial dunha conferencia a cargo dun coñecido historiadro, especialista en rutas xacobeas, e dunhas xornadas a celebrar na Pontenova e nas que participan diversos colectivos implicados na posta en valor deste vía.
A denominada Vía Rexia do Norte, actualmente catalogada como vía cultural, é unha variante do Camiño Orte, que na actualidade se atopa nun proceso de fixación do trazado definitivo e que, partindo de Santiago de Abres e seguindo a cunca do Eo, pasaría polo concello asturiano de Sna Tirso, para adentrarse naprovincia de Lugo a través da Pontenova, ascender polos montes da Órrea ata acadar a Chaira luguesa polas terras da Pastoriza, Meira, Pol e Castro de Rei converxendo na cidade de lugo co Camiño Primitivo.