Skip to main content
A PastorizaActualidade

Os veciños de Bretoña celebran o domingo un xantar popular

Por 19 Novembro, 2019Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Bretoña celebrará este domingo, 24 de novembro unha comida veciñal no teleclub da parroquia.

A cita dará comezo sobre as 14.00 horas e o menú estará a cargo de Sarredo da Pontenova. Haberá empanada, sopa de pescado, churrasco, criollo, pan, tarta de Santiago, café, chupito e viño, auga e refrescos.

Unha vez remate a comida haberá baile a carfgo de Javi Show,

Os socios que acudan terán que abonar 20 euros mentres que os non socios, que tamén poden participar, pagarán 23 euros.

Os interesados en asistir poden recoller o seu ticket en Casa Luciano, bar A Eskina e Casa Zapateiro.