Skip to main content
ActualidadeVilalba

A parroquia de Corbelle terá o 30 un magosto

Por 28 Novembro, 2019Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Corbelle celebrará o seu magosto anual o 30 de novembro a partir das 21.00 horas na Casa da Escola organizado pola asociación de veciños.

Nesta celebración poden participar tanto socios como non socios. Os primeiros terán o xantar gratis xunto a un acompañante e os non socios deberán aboar 20 euros por persoa.

A cea consistirá en empanada e xamón cocido como entrantes, para seguir estofado de xabaril con castañas e postre, café e chupito.

Unha vez rematada a cea haberá musica con Almudena Solís e sorteo de agasallos.

Os que desexen anotarse deben facelo antes do 25 de novembro na panadería Martiñán, bar O Barrio, Casa Remosende ou a través da páxina de facebook.