Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba estuda cambios para mellorar a recollida de lixo

Por 28 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba realizará cambios no sistema de recollida de lixo, que en Vilalba está a cargo da empresa Urbaser. Durante estas semanas están a realizar prácticas para ver a súa viabilidade. Unha das actuacións destacadas é a colocación de novos contedores, que se instalaron nalgúns casos en sitios distintos aos anteriores.

A medida non é definitiva, aínda que si se pretende buscar o mellor funcionamento posible, tal e como explicou o concelleiro responsable da área, Rodrigo Pavón. Así, creáronse tamén illas con varios contedores nalgúns lugares mentres que Urbaser colocou máis de medio centenar dos novos. Estes teñen a apertura por un lado, o que obrigou a trasladar algúns deles para facilitar a operación de baleirado nos camións.

As modificacións que se introduciron nas últimas semanas están pendentes ata unha data definitiva, o 2020, cando vence o contrato da concesionaria. O Concello, asegurou Rodrigo Pavón, tentará que os cambios previstos queden recollidos no prego de cláusulas que regulará o novo contrato, aínda que os cambios que agora se ensaian, dixo, non teñen por que ser os que acaben sendo elixidos.

Outro dos cambios que se avanzaron foron na recollida de plásticos agrícolas, agrupada en varias datas. Recollérones este mes e volverán facelo en febreiro e abril. Según indicou Pavón, hai agora 42 puntos de provisión dese material, con previsión de ir aumentando esa cifra.

Tamén se pretende mellorar a recollida de cartón á marxe da existencia de contedores. Para iso hai posibilidade de que os comercios onde máis abundan envases con ese material teñan recollida nos seus establecementos. Os interesados poden solicitala telefonando ao 982 513 655.