Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei prepara varias actividades no Nadal

Por 16 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei prepara varias actividades no Nadal. Así, o día 21 haberá un Concerto de Nadal ás 11.30 horas no salón de actos de Geriatros a cargo da escola de música de Outeiro, Rábade e Begonte.

O día 23 e o 27 de decembro, os nenos de infantil e 1º de primaria e de 2º a 6º de primaria respectivamente, poderán participar nun obradoiro de Nadal en horario de 11.30 a 13.00, no que farán adornos, postais, fofuchas navideñas en goma eva e moitas cousas máis. Este curso, que será no centro cultural, ten 40 prazas, e preciso anotarse para asistir.

Os días 30 de decembro e 3 de xaneiro será o curso de Cestería creativa para nenos para rapaces de 7 a 12 anos. O curso será impartido no centro cultural en horario do curso será de 11.00 a 13.00 e consta de 15 prazas para cada día.

O día 5 celebrarase a Festa de Reis, que dará comezo ás 18.00 coa actuación do Mago Rafa no salón de actos do Concello, seguirá ás 19.00 cunha merenda no pavillón municipal e ás 19.30 horas os Reis Magos chegarán ao pavillón para falar cos nenos e desfrutar de moitas sorpresas.