Skip to main content
Actualidade

Comeza a andaina reivindicativa desde As Pontes ata A Coruña

Por 11 Decembro, 2019Sin comentarios

Os transportistas ponteses organizaron unha andaina ata Coruña repartida en catro etapas e tamén en catro días e que deu comezo o martes 10 de decembro.

A primeira partiu das Pontes e finalizou na Capela, a segunda foi entre ese municipio e Miño; a terceira será o xoves 12, entre Miño e Bergondo, e a última finalizará o venres 13 no Viceconsulado de Italia na Coruña.

Para completar estas etapas, sairon autobuses desde a estación das Pontes a diario para chegar ao momento de partida. E todos os concellos ofreceron recepcións aos manifestantes cuns pinchos, e regreso ao municipio pontés en bus.

Como vén sendo habitual os manifestantes vestiron o chaleco amarelo que xa é un símbolo en todas as concentracións.

Doutra banda, está previsto que o luns se celebre en Madrid o encontro entre a ministra de Transición Ecolóxica en funcións, Teresa Ribeira, e as administracións, Endesa e os sindicatos pola térmica.