Skip to main content
Actualidade

As Pontes volverá concentrarse de novo este luns

Por 29 Decembro, 2019Sin comentarios

As Pontes volverá botarse ás rúas para reclamar unha transición enerxética xusta tralo anuncio de Endesa do peche definitivo da central.

Así, mañá luns, ás 20.30 horas, traballadores e veciños están chamados á concentración qeu se realizará na poraza do Carme, convocada polo comité de crise do que forman parte empresarios, sindicatos e o propio concello.

Pola súa banda, os transportistas afectados polo pecha da central térmica volverán encerrarse a partir do 7 de xaneiro no Concello mentres anuncian que continuarán coas protestas. Os camioneiro confían en que as probas para o uso da biomasa como alternativa ao carbón den resultado e poder activar algún grupo.

Esto é así xa que Endesa anunciou que si os resultados son positivos modificarase a decisión de peche xa que deste xeito a planta tería viabilidade.

As reaccións non se fixeron esperar e o portavoz de En Marea, Luís Villares, reclamou a posta en marcha de plans específicos “dotados presupuestariamente” para manter os postos de traballo nas Pontes.

Villares explica que “o Goberno debe asumir dunha vez por todas que a dependencia do carbón é algo que está en vías de desaparición e, polo tanto, hai que poñerlle remedio; algo que non fixeron nin os orzamentos da Xunta nin os do Estado”.

“Esperemos que se cumpran todos os acordos sobre a restauración laboral e a recolocación de postos de traballo de toda a xente qu nestes momentos vai quedar sen emprego, especialmente dos traballadores das empresas auxiliares e os transportistas do carbón, pero tamén toda a vila, que queda sen o seu principal motor económico”, sostén.

XUNTA

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou que a Xunta non asume o peche da central térmica de Endesa nas Pontes, unha decisión da empresa que considera inxusta, precipitada e non consensuada con todos os axentes que levan meses traballando para identificar de forma conxunta unha solución para que a planta poida ter unha oportunidade de futuro.

Conde apuntou á falta de política industrial e enerxética por parte do Goberno central, que, segundo dixo, non está tomando unha posición proactiva e non está pensando no impacto no emprego de 750 familias que supón a central das Pontes. Unha planta na que, tal e como lembrou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, se investiron máis de 200 millóns de euros para adaptala ás directrices europeas en materia medioambiental.

Do mesmo xeito, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria urxiu ao Goberno central a activación dun plan de transición xusta, en liña co que defende a Unión Europea, que sexa xusta, ordenada, e social que permita a Galicia optar aos fondos europeos que estarán activos neste eido en 2021.

Segundo anunciou o conselleiro, convocarase á Mesa das Pontes para seguir traballando desde a fronte común cos traballadores, cos transportistas, coa industria auxiliar e co Concello das Pontes. O obxectivo é que o Goberno e a empresa “poidan reverter unha situación que non responde á posición da Comisión Europea e ás decisións que se están tomando por outros países” e que “Endesa poida dar tempo para que se poidan identificar as medidas para que a central das Pontes poida optar a esa transición enerxética xusta”, reactivando a planta e optando aos fondos europeos.

Incidiu Francisco Conde en que esta transición enerxética ten que ser tamén equilibrada, poñendo a Galicia en igualdade de condicións desde o punto de vista competitivo con outros países, lembrando que hai 149 centrais de carbón en Europa que están mantendo a súa produción e o seu emprego.