Skip to main content
AbadínActualidade

Abadín aproba un orzamento de 2,11 millóns de euros

Por 17 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Abadín aprobou en Pleno os orzamentos do Concello para o ano 2020, que ascenden a 2.114.813,98 euros. Son uns orzamentos que o alcalde, José María López Rancaño, calificou de “realistas, porque reflicteen o que realmente hai, non están inflados por subvencións”.

O Concello terá este ano un orzamento novo trala la prórroga do de 2018 durante o ano en curso, que foi de 1.089.494,52 euros.

Así, para o ano que ven, o concello de Abadín, no capítulo de ingresos, obterá 1.089.788,99 euros de impostos directos e 160.240,89 dos indirectos, aos que haberá que sumar outros 189.707,41 euros de taxas. Outra das partidas destacadas no tema de intresos son os 675.368,15 euros procedentes de transferencias correntes.

Do total dos cartas recadados, o Concello de Abadín destinará 1.640.590,05 euros a gastos correntes en benes e servizos, onde se inclúen os investimentos. Para persoal destinarán 420.776,93 euros, que será algo menos do 20% do orzamento. Finalmente, para transferencias teñen reservados 53.444.000 euros.

Ademais, José María López Rancaño afirma que quedan fóra do orzamento os 800.00o dos que disporá o Concello en concepto de transferencias da Xunta e da Deputacións como subvencións e que se destinarán a distintas actuacións.

O orzamento foi aprobado nun pleno que volveu a ter un ambiente difícil entre o PSOE e o equipo de Goberno e no que os socialistas abandonaron a sesión descontentos coas respostas do Alcalde.

Nesta sesión tamén se aprobou por unanimidade a proposta de solicitude de axudas á Xunta para un taller de emprego en colaboarción con Vilalba e para un programa integrado de emprego con Outeiro de Rei, Friol, Rábade, Cospeito, Castro de Rei, Begonte e Mondoñedo.