Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade prepara unha nova edición da Don Silvestre

Por 12 Decembro, 2019Sin comentarios

Rábade contará un ano máis coa súa tradicional carreira popular de San Silvestre, que chega á súa VII edición e que sairá da praza do Concello.

Así, a VII Don Silvestre Rabadense 2019 será o martes 31 de decembro e dará saída ás 11:15 para os menores e para os adultos será ás 12:00. A carreira dos máis pequenos estará dividida en catro grupos. Os que naceron no 2015 e en anos posteriores serán os que abrirán a competición, que terá 50 metros. 600 será a distancia que percorrerán os nados entre 2010 e 2014, que sairá cinco minutos despois. O resto, os naceron entre 2004 e 2009 sairán ás 11.30 e terán que facer 1.100 metros de percorrido.

O prazo de inscrición xa está aberto e é ata o 27 de decembro, podendo facer efectiva a mesma dende www.championchipnorte.com.

A inscrición será gratuita.

Ao ser unha proba non competitiva non haberá clasificación pero si, ao remate do evento, farase entrega dos premios aos catro mellores disfraces.