Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba prepara varias actividades para Nadal

Por 8 Decembro, 2019Sin comentarios

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba prepara varias actividades arredor do Nadal.

Así o día 20 de decembro será o tradicional sorteo da cesta de Nadal, que leva un capón incluído.

O domingo 22, o propio día da Feira do Capón, haberá unha degustación na cafetaría a cal será de balde.

O sábado 28 haberá unha festa infantil con merenda, e os pequenos desfrutaran de obradoiros de manualidades e reciclaxe, karaoke, xogos, inchables e moito máis. Ademais Frozen e Mickey Mouse farán unha visita moi especial.

O martes 31 será a festa de fin de ano, que contará cun cotillón e música en directo co grupo Los Alcántara. E xa a partir das 4.30 horas poderase desfrutar de un delicioso chocolate con churros.

O sábado 1 de xaneiro ás 17.30 será a presentación do libro O Ratiño Pérez, que rematará cunha festa infantil de reis.